
Copyright © 2019-2021 por varios colaboradores; vexa AUTHORS (AUTORES).
http://www.tuxpaint.org/
9 de Marzo de 2021
Tux Paint responde aos seguintes sinais (que poden enviarse ao proceso do programa a través de «kill» ou «killall», por exemplo).
SIGTERM
(tamén, [Ctrl] + [C] dende un terminal executando «tuxpaint»)
Tux Paint responde coma se se premese o botón «Saír» ou se lle dixera ao contorno de escritorio que peche Tux Paint (por exemplo, premendo nun botón de peche da xanela ou premendo [Alt] + [F4] na maioría dos sistemas).
Dende a interface principal, Tux Paint preguntará se quere ou non saír e (a non ser que sexa anulado pol a opción de gardado automático, p. ex.: «--autosavex) se quere gardar o debuxo actual (se non está gardado) , e se é así, e é unha versión modificada dun debuxo existente (a non ser que sexa anulado polas opcións de gardar sobre imaxes antigas ou gardar sempre imaxes novas; por exemplo, «--saveover« e «--saveovernew», respectivamente), se quere ou non sobreescribir o debuxo existente ou gardalo nun novo ficheiro.
Nota: Dende outras partes da interface, o sinal interprétase actualmente como unha solicitude de retroceso (por exemplo, dende o diálogo «Novo» de volta á interface principal), coma se se premera un botón «Atrás» en Tux Paint ou se premera a tecla [Esc].
Exemplo: killall tuxpaint
SIGUSR1 & SIGUSR2
Tux Paint responde axustando a súa opción de gardar automaticamente (coma se fora publicada con «--autosave»), así como a opción de gardar sempre novas imaxes (coma se se publicase con «--saveovernew») no caso de recibir un sinal de SIGUSR1 ou de gardar sempre sobre a imaxe existente (coma se se publicase con «--saveover») no caso de recibir SIGUSR2. Entón Tux Paint envíase a sí mesmo un sinal de SIGTERM, nun intento de saír. (Ver arriba.)
Así, dende a interface principal, Tux Paint debería saír case de inmediato, sen facer preguntas.
Nota: Dende outras partes da interface, por desgraza, Tux Paint retrocederá un nivel na interface. Polo tanto, neste momento pode que sexa necesario enviar este sinal a Tux Paint unhas cantas veces para que saia completamente.
Exemplo: killall -s SIGUSR1 tuxpaint