Mandrakelinux Instruccións de Instalación - Mandrakelinux 10.1 Configuración requirida * Procesador Pentium ou compatible * Unidade de CDROM * Polo menos 32 MB RAM, ainda que se recomendan 64 MB Instalar Mandrakelinux é, na maioría dos casos, tan sinxelo coma poñe-lo seu CD de Instalación na súa unidade de CDROM, e reinicia-la súa máquina. Refírase ó punto 1. NOTA: * Se está actualizando dende as versións de Mandrakelinux 7.x, 8.x ou 9.x, non esqueza facer unha copia de seguridade do seu sistema. * NON está soportada a actualización dende versións máis novas (anteriores á 7.0). Neses casos, cómpre facer unha instalación dende cero e non unha actualización. ============================================================================ Máis abaixo hai unha lista dos diferentes xeitos de instalar Mandrakelinux: 1. Arrincar directamente dende o CD 2. Crear un disquete de arrinque con Windows 3. Outros métodos de instalación ============================================================================ 1. Arrincar directamente dende o CD O CD de Instalación é arrincable. Na maioría dos casos, insira o CD na unidade e reinicie a máquina. Siga as instruccións que aparecen na pantalla: prema a tecla [Enter] para inicia-la instalación, ou prema [F1] para obter axuda adicional. NOTA: Nalgúns ordenadores portátiles, pode ser que o sistema non sexa capaz de arrincar dende o CD. Neste caso, debe dispoñer dun disquete de arrinque. Mire o punto 2 para os detalles. ============================================================================ 2. Crear un disquete de arrinque con Windows Se o seu ordenador non pode arrincar dende o CDROM, ten que crear un disquete de arrinque en Windows deste xeito: * insira o CDROM, e abra a icona "O Meu Computador"/"Mi PC", prema co botón dereito na icona da unidade de CDROM e escolla "Abrir" * vaia ó directorio "dosutils" e faga dobre clic na icona "rawwritewin" * insira un disquete baleiro na disqueteira * seleccione "D:\images\cdrom.img" no campo "Image File" (asumindo que a súa unidade de CDROM é "D:", doutro xeito reemprace "D:" polo que sexa) * seleccione "A:" no campo "Floppy Drive" e prema en "Write". Para comeza-la instalación: * insira o CDROM na unidade, así coma o disquete de arrinque, e despois * reinicie o ordenador. ============================================================================ 3. Outros métodos de instalación Se por algunha razón os métodos anteriores non lle serven (quere facer unha instalación de rede, ou dende dispositivos pcmcia ou ...), tamén necesitará crear un disquete de arrinque: * En Linux (ou noutros Unix modernos) escriba na liña de comandos: $ dd if=xxxxx.img of=/dev/fd0 * En Windows, siga o método descrito no punto 2, pero usando xxxxx.img (mire máis abaixo) en vez de cdrom.img. * En DOS, asumindo que a súa unidade de CD é D:, escriba: D:\> dosutils\rawrite.exe -f install\images\xxxxx.img -d A Aquí está a lista de imaxes de arrinque: +-----------------+------------------------------------------------------+ | cdrom.img | instalar dende CD-ROM | +-----------------+------------------------------------------------------+ | hd_grub.img | instalar dende disco duro (dende un sistema de | | | ficheiros Linux, Windows, ou ReiserFS) | | | pode configuralo para o seu sistema en: | | | http://qa.mandrakesoft.com/hd_grub.cgi | +-----------------+------------------------------------------------------+ | network.img | instalar dende ftp/nfs/http | | | NOTA: cómpre que insira network_drivers.img na súa | | | disqueteira cando se lle indique | +-----------------+------------------------------------------------------+ | pcmcia.img | instalar dende dispositivos pcmcia (advertencia, a | | | maioría dos adaptadores de rede pcmcia están agora | | | soportados directamente en network.img) | +-----------------+------------------------------------------------------+ | hdcdrom_usb.img | instalar dende un disco duro ou un cdrom conectado | | | por USB | +-----------------+------------------------------------------------------+ Tamén pode gravar boot.iso nun CDROM e arrincar dende el. Soporta tódolos métodos de instalación, cdrom, rede, e disco duro. ============================================================================ Tamén pode usar unha instalación en modo texto se, por algunha razón, ten problemas ca instalación gráfica por defecto. Para usala, prema [F1] na pantalla de benvida de Mandrakelinux, e escriba text na liña de comandos. Se necesita rescatar o seu sistema Mandrakelinux, insira o seu CDROM de Instalación (ou o disquete de arrinque correspondente), prema [F1] na pantalla de benvida de Mandrakelinux, e escriba rescue na liña de comandos. Mire http://www.linux-mandrake.com/drakx/README para obter información máis técnica. ============================================================================ Estas son as principais etapas da instalación: 1. Insira o seu CDROM de Instalación (ou o Disquete de Instalación se é necesario) e reinicie a súa máquina. 2. Prema [Enter] cando apareza a pantalla de benvida de Mandrakelinux e siga coidadosamente as instruccións. 3. Cando a instalación estea completa, retire o CD-ROM cando sexa expulsado (e tódolos disquetes das disqueteiras); a súa máquina debería reiniciarse. Se non o fai, reiniciea manualmente. 4. Mandrakelinux debería iniciarse. Despois do arrinque, pode facer "login" na súa máquina usando a conta de usuario creada durante a instalación, ou coma "root". Nota importante: A conta "root" daralle acceso sen restriccións ó seu sistema Linux. Non a use agás para configurar ou administrar Linux. Para o uso cotián, utilice unha conta de usuario normal a cal pode configurar ca utilidade "userdrake", ou cos comandos "adduser" e "passwd". Boa sorte con Mandrakelinux! ============================================================================ Para obter soporte adicional, mire as seguintes páxinas: * E-Soporte en http://www.mandrakeexpert.com/ * Erratas de Mandrakelinux en http://www.mandrakelinux.com/en/errata.php3 * Avisos de Seguridade de Mandrakelinux en http://www.mandrakesecure.net/en/advisories/ * Documentación en liña en http://www.mandrakelinux.com/en/fdoc.php3 * Lea e únase ós Foros de discusión en liña de Mandrakeclub en http://www.mandrakeclub.com * Únase ás Listas de Correo en http://www.mandrakelinux.com/en/flists.php3 * Arquivos da Lista de Correo-e de procura doada en http://marc.theaimsgroup.com/ * Buscar na Internet usando Google para Linux http://www.google.com/linux * Procurar por grupos de usenet empregando Google Groups en http://groups.google.com/groups?group=comp ============================================================================